HXGA Marta
Monday, March 13, 2006
Wednesday, March 01, 2006

CULTURA CASTREXA
A cultura castrexa que foi denominada como "Celta" polos primeiros historiadores galegos, converteunos no mito galego por excelencia que perdura ata a actualidad.
Os castros a construción máis importante e transcendental desta cultura, tratábanse de lugares amurallados utilizados como hábitat e como lugar de defensa en caso de ataque ou de perigo, o conxunto de castros denominábanse citanias. A partir do seculo I A.c comezan a construirse as primeiras citanias.
Con respecto a sociedade castrexa dividiase en clases: O xefe e os seus cortesáns nobres, os militares, os adiviños, os curandeiros, os que traballaban o metal e os considerados bruxos. Todo aquel que non era rico, nobre, ou algun dos anteriores era considerado agricultor ou gandeiro que era a base da súa economía, a agricultura a gandeiria ou a metalurxia. Os seus poboados estaban situados en lugares ben resguardados coma outeiros, a costa e montañas altas.
Na seguinte imaxe temos un exemplo;

A ORDE URBANA.
A característica que máis se ha sinalado en canto á ordenación urbana dos castros galaicos é a súa ausencia. Sen embargo entendendo oden urbano a colocación do hábitat segundo unha serie de necesidades, a causa disto poderíase falar dunha orde urbana castrexa.
A Conquista do Noroeste e as Guerras Cántabras provocaron o cambio deste tipo de hábitat, que ata esa época formou a verdadeira esencia dos poboados do noroeste. Só máis grandes cidades castrexas mantiveron a súa importancia perdurando, sen embargo o resto sufriu intervencións romanas. Algunhas desas antigas cidades prósperaron e convertéronse e xacementos de vilas actuais, pero outros foron olvidados.
Wednesday, February 01, 2006

MONUMENTOS MEGALÍTICOS
DOLMES ; Monumento construido con grandes bloques de pedra que forma unha cámara de enterramento que soporta unha ou varias pedras planas a modo de teito. Moitos estiveron orixinalmente recubertos con terra, formando túmulos. Nalgunas construciones a cámara está precedida por un pasillo, un corredor construido a base de ortostatos con cuberta adintelada.(foto de arriba a dereita)
MÁMOAS;As mámoas son monumentos colectivos, é dicir, para un grupo ou clan, unha especie de panteón familiar; aínda que por desgracia isto en Galicia non pode ser comprobado, dado que a acidez do solo impide a conservación dos restos orgánicos, pero pódese aventurar como hipótese por comparación con outras zonas onde si se conservan.
Algúnhas das ferramentas utilizadas na época megalitista, atopados dentro das mámoas son; machados,coitelos,mazas e puntas de frechas.
Finalmente decir que esta cultura significa para Galicia que xa dende tempos moi lonxanos A nosa terra estivo moi humanizada.

